A metodoloxía

Enfoque Globalizado
Un método globalizado pode involucrar a diferentes materias para a súa realización traballando de forma transversal. Non todos os métodos globalizados necesitan a presenza de distintas materias xa que este pódese utilizar por exemplo, nunha ficha onde se requiran múltiples contidos traballándoos así, de xeito conxunto e global.
Un exemplo desta metodoloxía é o proxecto da Vaca Marela. Este proxecto iniciouse en lingua galega e foi levado ás diferentes materias como son por exemplo, plástica, matemáticas, ciencias da natureza, ciencias sociais e música.
Na materia de plástica os nenos fixeron diferentes debuxos relacionados co tema, en lingua galega traballaron o vocabulario recollido na letra canción, en matemáticas calcularon e mediron a métrica presente na canción xa que, ao comezo desta, o estilo musical é a rumba e ao final transfórmase nun reggae. No que respecta a a materia de ciencias da natureza, analizamos a anatomía da vaca marela e a diferenza con outras e en ciencias sociais traballamos a xeografía, é dicir, vimos en que zonas do mapa galego se dá a presenza deste tipo de animais. Por último, en música, os nenos interpretaron e prepararon a canción para que despois, viaxaran ao estudo de gravación a facer unha maqueta e gravar o seu propio videoclip.

Aprendizaxe significativo
A teoría da aprendizaxe significativa é un dos conceptos alicerces do constructivismo. Elaborada polo psicólogo Paul Ausubel (1983), esta teoría desenvólvese sobre unha concepción cognitiva da aprendizaxe. Precisamente, Ausubel expuxo que a aprendizaxe significativa dáse cando un estudante relaciona a información nova coa que xa posúe, é dicir coa estrutura cognitiva xa existente.

IMG-4037_edited.png

Polo tanto, esta prodúcese cando unha nova información se relaciona cun concepto xa existente; polo que a nova idea poderá ser aprendida se a precedente se entendeu de xeito claro.

Un exemplo claro da aplicación deste tipo de aprendizaxe foi a última parte do proxecto da Vaca Marela. Unha vez realizada a primeira parte deste, esta baseouse na aplicación do tema do deseño e a publicidade tendo como base a figura da Vaca Marela. Para isto, foi fundamental que os nenos tivesen claro o concepto e o significado deste proxecto educativo.

vaca%2520marela_edited_edited.jpg
  • Twitter
  • YouTube
  • Tumblr Social Icon
  • Instagram