Manu Sobral

  • Twitter
  • YouTube
  • Tumblr Social Icon
  • Instagram

Taragoña, 1998.

Por unha banda, con 8 anos inicia os seus estudos musicais na especialidade de percusión. Será con 16 anos cando decide comezar a especializarse en percusión clásica, percusión latina e batería.

En percusión clásica recibe a formación de músicos referentes na materia como son Nick Wood, Pablo Cabanelas, Albano Díaz, Juan Collazo, Tom Risco ou Isabel Diego entre outros. No tocante á percusión latina, fórmase no Centro Profesional de Música Moderna ESTUDIO, da man de Leo Pimentel e, finalmente, no que respecta á formación en batería moderna, fórmase con profesionais recoñecidos como son Carlos Bartón, L.A.R. Legido, Manu Rey, Sergio González, Diego García ou Ángel Crespo, entre outros.

Asemade, asiste a cursos de formación en escolas recoñecidas no ámbito nacional como pode ser Hardrum Madrid ou a eventos formativos como é o caso do Festival Internacional de Percusión no ano 2015.

Por outra banda, compaxina a súa formación musical cos estudos de grao en Educación Primaria, iniciados no ano 2016 na Escola Universitaria CEU "San Pablo" (Universidade de Vigo) onde gaña o 1º Premio de Contacontos outorgado e organizado por dita entidade. Especialízase na mención de profundización curricular e, ao mesmo tempo realiza cursos de formación educativa con Jesus Guillén, en neuroeducación, e con Esther Gutiérrez en gamificación educativa así como, en TICS para a educación online na Universidade Rei Xoan Carlos.

No ámbito musical, ocupou a praza de percusionista titular na Orquesta da Universidade de Santiago de Compostela, realizando colaboracións con artistas como é o caso de Dulce Pontes, coa que chegou a gravar un CD, formou parte como músico da Fanfarria Furruxa, Banda de Música Ateneo Musical da Pobra do Caramiñal, Orquesta Abanico e diferentes colaboracións con agrupacións de renome na contorna.

Na actualidade, é membro fundador e activo do grupo musical theCUNCAS, desempeña a súa labor como profesor de iniciación musical infantil, percusión, ensemble de percusión, linguaxe musical e formación rítmica e auditiva na Escola de Música POPS "Rockschool" en Ribeira e linguaxe musical e teoría da música na Escola de Música d´A Pobra. Compaxina isto, coa súa profesión de mestre de Educación Primaria e coa faceta de escritor de literatura infantil (membro do catálogo de escritores da Editorial Toxosoutos e do Consorcio Editorial Galego) .

78088028_1522581987881900_84264556082946