A Marela ou amarela?

"Porque o que conta é botarlle conto e o que o conte, ha botarlle moito conto!"

Manu Sobral

 

Dende abril do ano 2020, o autor Manu Sobral vén cocendo a idea de publicar un libro, enmarcado dentro da literatura infantil, cuxo principal foco temático sexa o daltonismo. A partir diso, e tomando como base o exitoso proxecto d´A Vaca Marela levado a cabo nas aulas do Colexio Jaime Balmes (Noia, A Coruña), comeza a edición do libro (álbum-ilustrado) publicado o pasado 20 de abril do 2022.

O LIBRO

"A Marela ou amarela?" ten como obxetivo principal a concienciación e a dinamización de xeito transversal desta patoloxía visual através da literatura inantil, achegándoa así ás idades temperás.

O libro está dividido en dúas partes ben diferenciadas pero comúns en canto ao contido. Por unha banda, coñeceremos a historia da Marela, como se desenvolve no seu día a día, e por outra, atoparémonos cunha unidade didáctica final ateigada de información e actividades co fin de que @s nen@s poidan coñecer esta enfermidade.

As ilustracións chegan da man de Manuel Martínez e a publicación da obra da  Editorial Toxosoutos.

ONDE O PODO MERCAR?

http://www.toxosoutos.com/detalle_producto.php?&cok=ok&len=2&id=731&nove=ok

1. PORTADA.png
PÁXINA 25.png